jueves, 13 de junio de 2013

"A outra parte romana de Lugo: os baños romanos"



En Galicia, están documentados achados arqueolóxicos de orixe romana, nunha vintena de fontes minerais, que nos indican a ampla difusión dos balnearios con fins curativos na Gallaecia romana de hai 2000 anos. Un dos exemplos máis significativos dende o punto de vista histórico, é o das Termas de Lugo.

Os restos dos baños romanos de Lugo constitúen unha construcción contemporánea á fundación da cidade no ano 15 a.C. Estas instalacións considerábanse esenciais na civilización romana e o manancial termal que nace neste lugar ten notables propiedades medicinais, aínda explotadas na actualidade. Atópanse situadas na marxe esquerda do río Miño, moi preto da Muralla de Lugo.



A parte máis impresionante das instalacións romanas conservadas é o "Apodycterium", estanza na que se espían os usuarios. En primeiro lugar, vese unha gran sala con pavimento de opus signinum, composto de recheo de tella e ladrillo con cal. Ó fondo desta sala hai dúas portas en arco que dan paso a dúas estanzas aparelladas, ambas as dúas cubertas de bóvedas e co chan de lousas. Nas paredes pódense ver dezaoito urnas con arco de medio punto, que facían as veces de armarios para gardar a roupa. A pedra de lousa é o material esencial de toda a obra.





As salas de baños eran de tres tipos: frigidarium, para baños fríos; tepidarium, para baños mornos, ecaldarium, para baños quentes. En épocas posteriores esta sala foi convertida en capela cristiá para uso dos bañistas, e deste tempo conserva algúns vestixios de pinturas murais.

Dunha forma ou outra, as termas de Lugo nunca deixaron de ser usadas, como proba a documentación medieval e moderna. Foron declarados Monumento Histórico-Artístico en 1931.



fuente: www.asturnatura.com; www.lugoturismo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario