miércoles, 13 de noviembre de 2013

Don Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal



O pequeno e tranquilo pobo de Melgaço medrou ó redor dunha fortaleza construída por orde de Don Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal (1139-1185).

Alfonso I de Portugal, mellor coñecido como Afonso Henriques,  foi o segundo conde e primeiro rei de Portugal. Grazas ás súas conquistas que, ó longo de corenta anos, superaron o dobre do territorio legado polo seu pai, foi coñecido como O Conquistador.
Alfonso era fillo de Enrique de Borgoña, o primeiro conde de Portugal, e da infanta Teresa de León, filla bastarda de Alfonso VI de León. Aínda que non se sabe con certeza onde naceu, a crenza popular faino orixinal de Guimarães, cidade onde con toda probabilidade fose criado e vivise ata 1128.

En 1112, con apenas tres anos de idade, Alfonso quedaba orfo de pai e herdaba o condado,mentras que a súa nai tomaba as rendas do goberno en minoría do seu fillo.
No 1120 Alfonso tomará unha posición política oposta á da súa nai, quen pola súa relación sentimental con Fernando Pérez de Traba, apoiaba ó partido dos Trabas, baixo a dirección do arcebispo de Braga. Cando este foi forzado a emigrar, levouse consigo o infante quen, en 1122, foi armado cabaleiro en Tui.

En 1139, tras unha gran vitoria na batalla de Ourique contra un potente continxente do Imperio Almorábide, Alfonso Henriques foi aclamado como rei de Portugal polas súas tropas. Segundo a tradición, a independencia foi confirmada máis tarde, nas cortes de Lamego, ó recibir do arcebispo de Braga a coroa de Portugal. 
O recoñecemento por parte do rei Alfonso VII chegou en 1143 polo tratado de Zamora.
Dende entón, Alfonso I procurou consolidar a independencia. Realizou importantes doazóns á igrexa e fundou diversos conventos. Intentou tamén conquistar terreo no sur, poboado entón por musulmáns, e conquistou Santarém e Lisboa en 1147.

En 1178, en vista dunha invasión de Fernando II, Alfonso I apoia a Alfonso VIII de Castela, enviando no seu auxilio un exército comandado polo seu herdeiro Sancho. A paz de 1180 entre Fernando II e Alfonso VIII evita unha nova guerra.
En 1179 o papa Alejandro III, a través da bula Manifestus Probatum, recoñeceu a Portugal como reino independente e como vasalo da Igrexa.






Fuente: es.wikipedia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario