Hoxe ímonos adentrar na historia destas dez portas e os seus usos. Un dos datos máis curiosos da historia destas portas é que só cinco delas son de orixe romana.
Antigamente a muralla contaba con cinco portas de acceso que coinciden coas que na actualidade se coñecen como Porta Miña, Porta Falsa, Porta Nova, Porta de Santiago e Porta de San Pedro.
Pola Porta Miña íase a Iria Flavia, pola Porta Falsa íase cara a costa, pola porta Nova chegábase a Bribantium Betanzos, pola Porta de San Pedro entraban ós que viñan de Asturica Augusta.
gravado de 1850
Debido ó elevado ritmo de crecemento da cidade, entre os anos 1853 e 1921 abríronse cinco
portas máis: San Fernardo
(1853), A Estación (1875), Obispo Izquierdo (1888), Obispo Aguirre (1894) e Obispo Odoario (1921).

Hoxe en día, a muralla conta con seis portas peatonais e catro para o tráfico rodado. Estas diez portas serven de nexo entre o casco antigo co ensanche da cidade.
A muralla non só era un elemento defensivo senón que tamén servía para delimitar o foro e con el os impostos da cidade de Lugo. Nestas portas cobrábase o imposto do potargo e tamén se realizaba o control das persoas que entraban e saían do recinto.
As portas de madeira que permitían pechar o acceso permaneceron ata o século XIX.
A partires de 1877 desapareceron definitivamente. O control do tránsito mantívose ata ben entrado o século XX, permanecendo como testigo do mesmo os fielatos en varias das portas.
O 16 de abril de 1921 a muralla declárase Monumento Nacional como consecuencia da apertura dun oco nun dos seus lenzos para a construcción dunha das portas.
Finalmente, o 30 de Novembro do ano 2000 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
vía: es.wikipedia.org; mvralladeluvusaugusti.blogspot.es; destinoespana.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario