A sociedade romana configúrábase en dúas clases principais: unha aristocracia de propietarios e os chamados plebeios. A súa economía estaba baseada no sistema de produción de escravos, onde a maioría dos escravos eran prisioneiros de guerra. Os escravos non tiñan dereitos e eran posesión dos seus mestres. En Roma, calquera podería ser escravo xa que en realidade, a escravitude non era máis que a clase social máis baixa.
Por outra banda, o cidadán era un membro da comunidade política e tiña unha serie de funcións e de dereitos. Entre as funcións inclúen a obriga de respectar os dereitos dos demáis, para contribuír ó ben común, respectar os valores predominantes e outros que contribúan á afirmación da tesitura social e a paz.
As murallas configurábanse mediante un sistema de muro e terraplén contido por outro muro interior de menor tamaño que facía as funcións de contención do agger.
No caso da Muralla de Lugo, a muralla foi parte dun complexo defensivo integrado por un foso, a propia muralla e o intervallum.
A topografía do terreo e o foso foron os primeiros elementos defensivos que foron gardados durante o asedio. O foso que atopamos en Lugo é o único exemplo de construción de fosos de Hispania e o seu trazado é paralelo á Muralla.
Fuente: mariachu.wordpress.com; www.lugoturismo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario