Mostrando entradas con la etiqueta romanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta romanos. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de enero de 2014

Paulo Fabio Máximo e a fundación de Lugo


Unha mañá calurosa de verán, Paulo Fabio Máximo subía o outeiro seguindo ó seu agrimensor. Ó chegar ó cume voltou a súa mirada ó camiño recorrido e o que viu encheulle de gozo, as vistas sobre o val do río eran espléndidas: divisábase en dirección oeste un vasto territorio de bosques de carballos con madeira suficiente para iniciar os primeiros traballos e, en dirección contraria, o terreo era máis pendente ata chegar ó val máis próximo polo que transcorrían varios regatos.

Antes de iniciar os traballos de reformulación, Paulo Fabio Máximo tivo que consultar os auspicios coa finalidade de asegurarse de que os deuses non se opoñían ó establecemento dunha cidade no lugar escollido. Os augures confirmáronlle os bos auspicios e, no mesmo momento en que un correo de Roma trouxo á expedición a noticia do nomeamento de Augusto como Pontífice Máximo da relixión no imperio, dúas aves rapaces sobrevoaban o bosque designado para fundar a nova cidade.

No transcurso da cerimonia o fundador procurou coidadosamente que toda a terra levantada pola reixa caese ó interior do recinto, e tras el os asistentes recolleron os terróns que ás veces saltaban fóra e volvíanos botar onde o rito establecía. O ritual de delimitación do territorio debería ser completado por outros dous, ámbalas dúas cerimonias de consagración.

Paulo Fabio Máximo, agradecido a César e satisfeito pola elección dun bosque tan belo para fundar a capital do convento, consagrouna baixo quen lle dera orde de fundala co nome de Bosque Sagrado de Augusto. Todo o que albergara os muros da cidade tamén sería consagrado a Augusto. Era o ano 12 a.C e así quedou escrito para os vindeiros séculos nos catro monolitos fundacionais da nova cidade.






Fonte: www.celtiberia.net; Les Villes Romaines (Pierre Grimal, Ed. Vergara, 1956)/ Fotografía: Adorian






lunes, 9 de septiembre de 2013

"A piscina romana da praza de Santa María"


Ademáis da muralla son numerosos os restos romanos que se conservan na cidade de Lugo: estelas funerarias, numerosas moedas, restos do caldarium, cerámica, a aguia dun estandarte de vexiliarius, lápidas con figura humana, ánforas...

A piscina da praza de Santa María descubriuse en 1960. Pola súa cronoloxía, temática e situación, diferentes autores considérana como un posible baptisterio paleocristián, aínda que parece máis probable que se trate dunha pequena piscina de auga fría, pertencente a un frigidarium dun complexo termal ou dun balneumdoméstico. Tamén se comprobou que a piscina non é unha estrutura illada, senón que formaría parte dun complexo arquitectónico maior.

O estado de conservación da piscina só o coñecemos a través das fotografías e debuxos de 1960. Naquel momento selouse cunha capa de area e trasladáronse ó Museo Provincial os fragmentos de mosaico desprendidos.

Na actualidade exponse a través dun vidro transparente a nivel de rasante. O obxectivo fundamental de expoñela "in situ" é garantir a conservación dos restos arqueolóxicos nas mellores condicións posibles. 




Fuente: www.lugo.es/urban

miércoles, 3 de julio de 2013

"A sociedade romana das murallas"


A sociedade romana configúrábase en dúas clases principais: unha aristocracia de propietarios e os chamados plebeios. A súa economía estaba baseada no sistema de produción de escravos, onde a maioría dos escravos eran prisioneiros de guerra. Os escravos non tiñan dereitos e eran posesión dos seus mestres. En Roma, calquera podería ser escravo xa que en realidade, a escravitude non era máis que a clase social máis baixa.

Por outra banda, o cidadán era un membro da comunidade política e tiña unha serie de funcións e de dereitos. Entre as funcións inclúen a obriga de respectar os dereitos dos demáis, para contribuír ó ben común, respectar os valores predominantes e outros que contribúan á afirmación da tesitura social e a paz. 



As cidades construíanse en zonas totalmente deshabitadas e na proximidade de zonas de dimensións reducidas. Antes de comezar o traballo, algúns dos aspectos que  decidían era o espazo para vivendas, tendas, prazas, o volumen de auga necesario e o número de rúas e sumidoiros.

As murallas configurábanse mediante un sistema de muro e terraplén contido por outro muro interior de menor tamaño que facía as funcións de contención do agger.
No caso da Muralla de Lugo, a muralla foi parte dun complexo defensivo integrado por un foso, a propia muralla e o intervallum.

A topografía do terreo e o foso foron os primeiros elementos defensivos que foron gardados durante o asedio. O foso que atopamos en Lugo é o único exemplo de construción de fosos de  Hispania e o seu trazado é paralelo á Muralla.


Fuente: mariachu.wordpress.com; www.lugoturismo.com