Mostrando entradas con la etiqueta muralla de Santiago de Compostela.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta muralla de Santiago de Compostela.. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de octubre de 2014

Coñece o novo xeoportal web da ruta "Vilas Amuralladas"

O pasado 16 de outubro presentábase na cidade de Lugo o xeoportal web da ruta "Vilas Amuralladas".

Trátase dunha aplicación interactiva cuxa finalidade principal é a de dar a coñecer a través de internet esta nova ruta turístico-cultural de carácter transfronteirizo dedicada á divulgación e difusión do patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico de cinco cidades e vilas amuralladas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que se caracterizan por posuír unha cultura e un pasado común.

Lugo - Santiago de Compostela - Melgaço - Monçao - Valença

Esta xanela á nosa historia ábrese a través dunha visita virtual e xeolocalizada ós principais monumentos destas cidades e vilas, entre os que destacan as súas murallas, testemuño fiel da súa evolución histórica e urbanística e que co tempo convertéronse, na maioría dos casos, no seu aceno de identidade, utilizando, para iso, as últimas técnicas en visualización.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto europeo Muralla Dixital, proxecto financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Agardamos a vosa visita! http://www.vilasamuralladas.eu/




jueves, 30 de mayo de 2013

"O turismo cultural en España"



As 42 declaracións de Patrimonio da Humanidade converten a España nun destino moi atractivo. No ano 2011 uns 9,4 millóns de persoas viaxaron a España por motivos culturais e outros 29 millóns e medio de turistas realizaron algunha actividade cultural.

Dende a perspectiva socioeconómica o turismo cultural configúrase como instrumento esencial de desenvolvemento local e rexional e de promoción de novas industrias culturais.


O Turismo Cultural defínese como aquela viaxe turística motivada por coñecer, comprender e gozar o conxunto de trazos e elementos distintivos, espirituais e materiais, intelectuais e afectivos que caracterizan unha sociedade ou grupo social dun destino específico" (SECTUR-CESTUR, Estudo Estratéxico de Viabilidade de Turismo Cultural, 2002).


O Turismo Cultural xoga un papel moi importante para dar a coñecer, preservar e gozar o patrimonio cultural e turístico do noso país. Os efectos que xera o tratamento axeitado do turismo cultural, dende unha perspectiva de mercados, trae como consecuencia, a satisfacción do cliente, a conservación do patrimonio de uso turístico e o desenvolvemento económico e social das comunidades a partir da xeración de novos empregos.



O coidado do patrimonio cultural, histórico e natural é prioritario para calquera sociedade e a súa conservación é fundamental. Neste ámbito, as cidades patrimonio constitúen un mosaico cultural, histórico e patrimonial no que aparecen de forma natural os trazos comúns, pero tamén os contrastes relevantes de cada unha, xa sexa físicos ou intanxibles. Este patrimonio que se mantén dende hai séculos e que nos permite coñecer a nosa historia e que define, dalgún xeito o noso presente, debe ser coidado para as futuras xeracións. Nas nosas mans está o valor que lle deamos e o esforzo que fagamos na súa conservación.









fuente: marcaespana.es; www.sectur.gob.mx; www.ciudadespatrimonio.org; galiciaenpuertorico.blogspot.com; www.turgalicia.es

martes, 30 de abril de 2013

"O Códice Calixtino e a liña defensiva da muralla"


No capítulo IX do libro V do Códice Calixtino, e a pesar de que non quedan prácticamente vestixios, defínese o contorno do actual casco histórico de Santiago.

Baixo o título "Características da cidade e da basílica de Santiago Apóstolo en Galicia", sitúa xeograficamente a cidade e describe as súas 10 igrexas entre as que se encontra a catedral, aínda en construción. Sobre o templo catedralicio dá toda tipo de detalles: dimensións, ventás, pórticos, portas coa súa decoración, torres e altares.



A Catedral desa época era románica e Santiago era unha cidade rodeada dunha gran muralla de dous kilómetros de perímetro que lles servía para protexerse dos invasores.

A muralla tiña forma arriñonada, con eixe longo orientado N-S. Comezando no extremo Nordés, a Porta do Camiño, a muralla seguía dirección Sur-Sueste polas rúas Virgen da Cerca, Fonte de San Antonio e Senra, ata chegar á Porta Faxeira no extremo Sur. Dende aquí xiraba cara o Noroeste pola Avenida Figueroa, Rodrigo de Padrón, Trindade e Carretas, para pechar cara o Leste, na zona máis elevada: Costa de San Francisco, Costa Nova, Hospitalillo e Rodas.

Do mismo modo, o Códice Calixtino nomea as 7 portas que daban acceso á Compostela do século XII, dende os diversos camiños da rexión. Por estas sete portas de entrada chegaban as mercadorías "dende os diversos camiños da rexión".

A Porta do Camiño, Porta de Mazarelos, Porta da Mámoa, Porta Faxeira, Porta da Trinidade, Porta de San Francisco e Porta da Pena. Ó longo dos séculos XIV e XV abríranse outras tres portas menores ou postigos: Porta dás Algalias, Porta de San Fiz e Porta do Souto.
 




Fuente: Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (Ermelindo Portela Silva, 2003); www.revistamongolia.com; agoraben.blogspot.com.es

martes, 23 de abril de 2013

"A orixe da muralla de Santiago de Compostela"


Santiago de Compostela é unha cidade medieval fundada en torno a súa catedral. O que moitas persoas non saben sequera é que o seu propio pobo foi durante moitos séculos unha cidade amurallada.
 
Tras a morte do califa andalusí Al-Hakam II, sucedeuno o seu fillo, Hisham II, de tan só 11 anos. Coa axuda da súa nai, Muhammad Ibn Abi Amir logra o dominio absoluto do Califato de Córdoba e despois rompe a paz cos reinos cristiáns. Este califa alcanza numerosas  vitorias e por iso se coñece co alcume de Almanzor.
 
No ano 997, Almanzor compromete un dos seus máis recentes proxectos. Sabendo da importancia que está collendo a cidade de Santiago, decidiu dar un efecto dramático contra a cidade que foi o centro relixioso de España cristiá. No mes de agosto chega a Santiago de Compostela e arrasa a cidade.
 
Entre os anos de 1000-1300 permitiu o desenvolvemento do urbanismo medieval  de Compostela. Constrúese na cidade un segundo recinto amurallado, o primeiro fora destruído polo propio Almanzor.
A primeira muralla foi deseñada polo bispo Sisnando II.
A mediados do século XI, o seu sucesor, o bispo Cresconio (1037-1068) protexe a cidade coa segunda, e última. Esta muralla tiña preto de 2 quilómetros de extensión. Ademáis do seu papel defensivo, tamén tamén era un instrumento de control fiscal.
 

 
 
A muralla foi preservada ata a invasión francesa do século XIX, cando debido ó crecemento da cidade foi destruída, pero os nomes dos lugares e as portas mantéñense ata hoxe.
A Porta de Mazarelos é a única que se conserva na actualidade.
 
Xa ó final da Idade Media a obra perdera gran parte do seu protagonismo e dimensión. Hoxe en día atópase prácticamente desaparecida.


fuente: abelgalois.blogspot.com.es; cityoos.com.