jueves, 11 de abril de 2013

A lenda de Deu-la-Deu Martins, a heroína de MonÇao


Deu-la-Deu Martins é unha personaxe lenxendaria da historia de Monção, por se lle atribuir o feito de enganar ós casteláns na época das Guerras Fernandinas.

Tras un longo cerco ás murallas de Monção, a fame reinaba no interior da fortaleza, e comezaban os habitantes a pensar en rendición.
Sabendo que os invasores tamén estaban desmoralizados e sen provisións, Deu-la-Deu manda recoller o pouco trigo que existía polas proximidades e manda cocer uns pans.  A heroína lanzou uns pans feitos coa pouca fariña que quedaba en Monção berrándolles a frase: "Deus lo deu, Deus lo hai xa".





En consecuencia, os casteláns levantaron o cerco crendo que aínda había moita resistencia dentro das murallas. Este feito quedou para sempre na memoria dos portugueses e deu orixe ao costume dos concelleiros do municipio se dirixiren á tumba de Deu-la-Deu, cando tomaban posesión dos seus cargos, prestándolle homenaxe.


Figura histórica ou simple lenda, o que si é certo é que moitos reclaman ser os seus descendientes e na súa honra foi erguida a estatua que adorna a Praza de Deu-la-Deu, supostamente mandada construír polo seu bisneto.




Tamén o escudo da vila ostenta a figura da nobre muller que distribuíu o pan dende o alto da fortaleza.



Fuente: pt.wikipedia.org; geocaching.com; faltaapagarolapis.blogspot.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario