viernes, 26 de abril de 2013

"Os fielatos da Muralla de Lugo"


Fielato era o nome popular que recibían as casetas de cobramento dos arbitrios e taxas municipais sobre o tráfico de mercadorías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que ademáis da súa función recadatoria servían para exercer certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades.

En España os arbitrios municipais, tiveron a súa orixe nas antigas alcabalas árabes, e que os fielatos, consumos ou casetas de arbitrios, que existían, nas estradas, á entrada dos pobos e cidades, substituíron, en certo modo, aqueles postos de policía situados anteriormente nos mesmos lugares, onde se cobraban ós forasteiros unhas determinadas taxas polos xéneros que transportaban.

Os artigos, sometidos ó pagamento de arbitrios municipais eran polo xeral leite, carnes, peixes, viños, aceite e xabón, trigo, panos, carbón, froitas e gando bovino, lanar e cabrún.
Coa chegada da desamortización crearíase un estado insostible e polo tanto os arbitrios alcanzarían unha maior importancia para enriquecer as arcas das facendas locais.

Estaban exentos do pagamento destes arbitrios de consumo, o carbón vexetal, o cok e a leña con destino á industria; os cereais, grans e legumes secos, destinados á sementeira; os aceites medicinais e os olorosos obxectos do comercio de perfumaría. Tamén os alcoholes e augardentes destinadas ó encabezamento dos viños e á fabricación de licores e bebidas espirituosas.

Pois ben, a Muralla de Lugo conta cunha serie de habitáculos de diferentes tamaños que no seu momento foron utilizados como fielatos en diversas portas de acceso (Campo Castelo, Aguirre, Estación, San Fernando e Montevideo).

Durante anos estes espazos foron acondicionados e utilizáronse para atención de visitantes da Muralla e como puntos de distribución de información de asociacións privadas.





 

fuente: www.deronda.es; www.lavozdegalicia.es; www.galiciadigital.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario