martes, 9 de abril de 2013

Un pouco de historia: "As dez portas da muralla de Lugo"


Hoxe ímonos adentrar na historia destas dez portas e os seus usos. Un dos datos máis curiosos da historia destas portas é que só cinco delas son de orixe romana.

Antigamente a muralla contaba con cinco portas de acceso que coinciden coas que na actualidade se coñecen como Porta Miña, Porta Falsa, Porta Nova, Porta de Santiago e Porta de San Pedro.

Pola Porta Miña íase a Iria Flavia, pola Porta Falsa íase cara a costa, pola porta Nova chegábase a  Bribantium Betanzos, pola Porta de San Pedro entraban ós que viñan de Asturica Augusta.

                        gravado de 1850


Debido ó elevado ritmo de crecemento da cidade, entre os anos 1853 e 1921 abríronse cinco portas máis: San Fernardo (1853), A Estación (1875), Obispo Izquierdo (1888), Obispo Aguirre (1894) e Obispo Odoario (1921).




Hoxe en día, a muralla conta con seis portas peatonais e catro para o tráfico rodado. Estas diez portas serven de nexo entre o casco antigo co ensanche da cidade.






A muralla non só era un elemento defensivo senón que tamén servía para delimitar o foro e con el os impostos da cidade de Lugo. Nestas portas cobrábase o imposto do potargo  e tamén se realizaba o control das persoas que entraban e saían do recinto.

As portas de madeira que permitían pechar o acceso permaneceron ata o século XIX. 
A partires de 1877 desapareceron definitivamente. O control do tránsito mantívose ata ben entrado o século XX, permanecendo como testigo do mesmo os fielatos en varias das portas.

O 16 de abril de 1921 a muralla declárase Monumento Nacional como consecuencia da apertura dun oco nun dos seus lenzos para a construcción dunha das portas.
Finalmente, o 30 de Novembro do ano 2000 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.


vía: es.wikipedia.org; mvralladeluvusaugusti.blogspot.es; destinoespana.com






No hay comentarios:

Publicar un comentario