lunes, 20 de mayo de 2013

"As murallas do Imperio Romano"


A arquitectura era para os romanos unha forma infalible de expresar o seu poder. Curiosamente, mentras os gregos se preocupaban por facer monumentos ós seus deuses, ós romanos importábanlles máis as obras de enxeñaría civil. Roma creou unha civilización urbana que a diferenza das coñecidas ata entón, tivo unha preocupación especial en mellorar a calidade de vida do cidadán.

Certo é que os enxeñeiros do imperio foron auténticos xenios, que adaptaron perfectamente os materiais propios de cada rexión e que alcanzaron algunhas obras monumentais que lograron desafiar o paso do tempo e que aínda hoxe en día se manteñen en pé, como é o caso da Muralla de Lugo, que é única fortificación romana do mundo que se atopa conservada íntegra.

Na súa época de máximo esplendor o imperio estendíase dende Gran Bretaña ata Sirya. As cidades do imperio tiñan que estar dotadas de infraestruturas completas. E isto significaba que un núcleo urbano dispoñía dunha muralla, un arco ou porta de entrada, rúas pavimentadas, beirarrúas de mosaicos, templos adicados á divindades e un edifico de mármore para celebrar as reunións do goberno local. A muralla era sinónimo de seguridade nunha cidade.

Xeralmente as murallas romanas tiñan un dobre muro de perpiaños separado por un espazo no que se colocaban pedras e area, e que formaba unha especie de vía pola que podían circular as vixías encargados da defensa. Os construtores tiñan a precaución de que o muro se prolongase varios metros baixo terra, para impedir o acceso subterráneo á cidade. 

No caso da Muralla de Lugo, os materiais cos que se construiu foron a lousa e o granito, materiais moi abundantes nas proximidades da cidade. Os construtores da Muralla  de Lugo encontraron na lousa un elemento similar ós seus ladrillos de cerámica e utilizaron o granito para reforzar as torres que flanqueaban as portas. 

A importancia dunha cidade medíase en función do número de edificios que se alzaban en torno ó foro central.





fuente: vidaokvideos.blogspot.com.es; web.educastur.princast.es; www.arqueotur.org






No hay comentarios:

Publicar un comentario