lunes, 13 de mayo de 2013

"As similitudes entre a Muralla de Lugo e as murallas veciñas"


As murallas son a materialización dunha liña máxica que separaban a urbs (núcleo urbano) do agger (territorio). Dentro, dábanse as actividades políticas, administrativas, xudiciais e comerciais.

A defensa das cidades foi un dos principais asuntos con que as distintas culturas se enfrontaban para asegurar o seu porvir. Os romanos perfeccionaron distintos métodos de defensa mediante murallas.

En España temos múltiples exemplos de cidades amuralladas, entre elas, existen concretamente tres que presentan elementos moi similares ós da Muralla de Lugo: a Muralla de León, a de Zaragoza e a de Tarragona.


A Muralla de Zaragoza foi construída entre o século I e o século III, baixo o mandato de Tiberio e chegou a ter unha lonxitude similar á da Muralla de Lugo, estando preto dos 3.000 metros. Pola contra, o número de torres defensivas foi moi superior, xa que tivo unhas 120 torres. Estas últimas son ultrasemicirculares e teñen un diámetro en torno ós 8 metros, alcanzando os 13 metros, característica que comparte co caso lucense.
Conserváronse dous tramos: o máis longo, duns 80 metros de lonxitude, no extremo noroeste e o outro no lado nordeste, que actualmente forma parte do Convento do Santo Sepulcro.
A partir do século XV comezou a súa desaparición ó ser usada como canteira debido ó gran crecemento da cidade.


A Muralla de Tarragona é unha cerca militar de orixe romana que rodea a zona antiga da cidade de Tarragona. Os muros presentan unha altura similar ós da Muralla de Lugo, uns doce metros. Outro aspecto en común co caso lucense é que se trata dun dos lugares Patrimonio da Humanidade.


A Muralla de León foi construída entre os séculos I e IV. Trátase dunha muralla que encerraba o recinto da cidade nun cuadrilátero que foi rodeado de construcións e máis tarde deformado nas restauracións de Alfonso V e Alfonso IX. Presentaba un formato básico: dous muros paralelos construídos en madeira unidos por unha tarima sobre a cal os lexionarios realizaban a súa vixilancia. Comparte, igual que no caso anterior, a característica de que as súas torres defensivas tiñan planta semicircular como a Muralla de Lugo. A súa finalidade era defender o campamento da Legio VII. 
A construcción da nova muralla coincide coa da Muralla de Lugo, entre finais do século III e comezos do século IV, dando lugar á muralla que os visitantes e cidadáns percorren actualmente.



Fuente: es.wikipedia.org; www.leon-virtual.es; www.lugoturismo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario