miércoles, 22 de mayo de 2013

"O autor do poema da muralla de Monçao"


O dous de novembro de 1866 nace en Monção José Rodrigues Vale, coñecido no mundo literario polo pseudónimo de “João Verde”. Autor de varios poemas en galego é un admirador entusiasta da obra de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Lamas Carvajal. 

Criouse nunha familia de catro irmáns, realizando estudos primarios na súa vila natal. No ano 1887 voltou a Viana do Castelo e comezaron as súas colaboracións co semanario "Alto Minho". Posteriormente desenvolve a súa actividade xornalística no "Aurora do Lima".

Foi coñecido popularmente como "o poeta do Minho", contemporáneo do poeta Cesáreo Verde, destacou por postular un rexionalismo de saibo tradicionalista na súa terra, reflectindo nas súas prosas e versos as vivencias e a paisaxe miñota e galego-portuguesa.
A súa derradeira obra será "Ares da Raya", publicado en Vigo, que constitúe o poemario de maior importancia do poeta.

En 1936 a Cámara municipal monçanense cordou reproducir en azulexo un poemiña seu procedente do libro "Ares da Raya", impreso en Vigo en 1902, e poñelo a xeito de monumento de irmandade sobre a muralla en fronte ó río Miño, a Salvaterra e Galicia:




"Vendo-os assim tão pertinho
A Galiza mailo Minho,
São como dois namorados                 
Que o rio traz separados
Quasi desde o nascimento.


Deixai-os, pois, namorar,
Já que os pais para casar
Lhes não dão consentimento."





          -Joao Verde, Ares da Raya-









Fuente: "Cinguidos por unha arela común", Rosario Álvarez-Dolores Vilavedra; pt.wikipedia.org




No hay comentarios:

Publicar un comentario