miércoles, 8 de mayo de 2013

"A evolución da cidade amurallada de ValenÇa"


Valença do Miño é a fortaleza máis importante do Alto Miño. No contexto das Guerras da Restauración da Independencia Portuguesa, construiuse unha impresionante fortificación abaluartada, de mesetas superpostas para aproveitar as condicións topográficas do lugar que se asumiu como obra de propaganda e de ameaza cara o país veciño,  España .


As orixes da cidade remóntanse ó século XIII e ao reinado de D. Sancho. Constrúese un primitivo bastión defensivo, que foi continuamente reformado ó longo dos séculos. Dende  1217, Valença foi asumindo unha importancia estratéxica no contexto das relacións do Miño con Galicia.
 
 
O que queda da fortaleza medieval data do reinado de D. Afonso III. No ano 1262, o rei ordenou unha gran reforma do sistema militar da vila, cuxas murallas pasaron a abarcar toda a poboación. Descoñecemos, en gran parte, a súa configuración, polas múltiples transformacións posteriores, pero quedan aínda algúns vestixios que podemos atribuír a esa época.





Na Porta do Açougue, todavía se pode verificar a existencia dun escudo medieval na pedra de peche. A porta da Gabiarra era a principal entrada na fortaleza, dando á zona alpina e á barca que facía a travesía do Miño. Constituía unha entrada de gran impacto cenográfico e onde se concentraban os elementos identificativos do patrocinio Régio.
Ó final da Idade Media, como deseñou Duarte d'Armas, a fortaleza alfonsina foi complementada por unha coiraza.

 
Xa no século XVII, Valença era unha das localidades máis expostas ós ataques españois, cuxas tropas a intentaron tomar en 1643 e 1657. A situación privilexiada no curso do Miño e as condicións do terreo posibilitaron a construción dunha das máis significativas realizacións militares da Historia de Portugal. O proxecto ficou a deberse a Miguel de l'Escole, enxeñeiro militar con outros traballos documentados en fortalezas do Alto Miño, arrancando as obras en 1661. Estas, só quedaron formalmente concluídas en 1713, ano en que unha planta da súa última arquitecto, Manuel Pito de Vilalobos, a dá como rematada, aínda que hai referencias á construción de baluartes nos anos seguintes.
 

Medio século de traballos alteraron radicalmente a fisonomía de Valença e a relación da localidade co río, separados por unha xigantesca malla de baluartes e de mesetas comunicantes entre si mediante fosos e de pasaxes superiores. A nova fortaleza dividíase en dúas áreas, interligadas pola Porta do Medio: a norte, abarcando o vello núcleo medieval, a "Vila", onde se concentraba o groso da poboación e os principais equipos sociais; a Sur, correspondendo a unha área máis pequena, pero practicamente desimpedida de construcións, a "Coroada".

 

ValenÇa foi restaurada ó longo do século XX e prepárase para ser candidata a Patrimonio da Humanidade.



Fuente: www.igespar.pt






No hay comentarios:

Publicar un comentario