jueves, 30 de mayo de 2013

"O turismo cultural en España"



As 42 declaracións de Patrimonio da Humanidade converten a España nun destino moi atractivo. No ano 2011 uns 9,4 millóns de persoas viaxaron a España por motivos culturais e outros 29 millóns e medio de turistas realizaron algunha actividade cultural.

Dende a perspectiva socioeconómica o turismo cultural configúrase como instrumento esencial de desenvolvemento local e rexional e de promoción de novas industrias culturais.


O Turismo Cultural defínese como aquela viaxe turística motivada por coñecer, comprender e gozar o conxunto de trazos e elementos distintivos, espirituais e materiais, intelectuais e afectivos que caracterizan unha sociedade ou grupo social dun destino específico" (SECTUR-CESTUR, Estudo Estratéxico de Viabilidade de Turismo Cultural, 2002).


O Turismo Cultural xoga un papel moi importante para dar a coñecer, preservar e gozar o patrimonio cultural e turístico do noso país. Os efectos que xera o tratamento axeitado do turismo cultural, dende unha perspectiva de mercados, trae como consecuencia, a satisfacción do cliente, a conservación do patrimonio de uso turístico e o desenvolvemento económico e social das comunidades a partir da xeración de novos empregos.



O coidado do patrimonio cultural, histórico e natural é prioritario para calquera sociedade e a súa conservación é fundamental. Neste ámbito, as cidades patrimonio constitúen un mosaico cultural, histórico e patrimonial no que aparecen de forma natural os trazos comúns, pero tamén os contrastes relevantes de cada unha, xa sexa físicos ou intanxibles. Este patrimonio que se mantén dende hai séculos e que nos permite coñecer a nosa historia e que define, dalgún xeito o noso presente, debe ser coidado para as futuras xeracións. Nas nosas mans está o valor que lle deamos e o esforzo que fagamos na súa conservación.









fuente: marcaespana.es; www.sectur.gob.mx; www.ciudadespatrimonio.org; galiciaenpuertorico.blogspot.com; www.turgalicia.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario