jueves, 23 de octubre de 2014

Coñece o novo xeoportal web da ruta "Vilas Amuralladas"

O pasado 16 de outubro presentábase na cidade de Lugo o xeoportal web da ruta "Vilas Amuralladas".

Trátase dunha aplicación interactiva cuxa finalidade principal é a de dar a coñecer a través de internet esta nova ruta turístico-cultural de carácter transfronteirizo dedicada á divulgación e difusión do patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico de cinco cidades e vilas amuralladas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que se caracterizan por posuír unha cultura e un pasado común.

Lugo - Santiago de Compostela - Melgaço - Monçao - Valença

Esta xanela á nosa historia ábrese a través dunha visita virtual e xeolocalizada ós principais monumentos destas cidades e vilas, entre os que destacan as súas murallas, testemuño fiel da súa evolución histórica e urbanística e que co tempo convertéronse, na maioría dos casos, no seu aceno de identidade, utilizando, para iso, as últimas técnicas en visualización.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto europeo Muralla Dixital, proxecto financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Agardamos a vosa visita! http://www.vilasamuralladas.eu/




lunes, 15 de septiembre de 2014

Xornadas Europeas do Patrimonio: "As Muralhas Digitais do Noroeste Peninsular"

O próximo 26 de setembro en Valença, terán lugar as xornadas “O patrimonio dixital nas Muralhas do Noroeste peninsular”. Este evento englóbase dentro das xornadas de clausura do proxecto Muralla Digital, cofinanciado por o POCTEP. Agardámosvos!




Ficha de inscrición




miércoles, 5 de marzo de 2014

O albergue de San Teotonio


O albergue de San Teotonio é unha estrutura de apoio ós peregrinos do Camiño Portugués para Santiago. Foi a primeira en nacer en Portugal co obxectivo de apoiar as peregrinacións xacobeas. 

Este albergue era a antiga Casa dos Maxistrados que foi adquirida polo Concello e posteriormente recuperada.  Situado a tan só 300 metros da sección portuguesa do Camiño de Santiago configúrase coma un punto estratéxico da cidade de Valença. O albergue ten o nome de San Teotonio, en homenaxe ó primeiro santo portugués nacido en Valença, quen tamén foi peregrino a Terra Santa. O Mosteiro de Santa Cruz de Coímbra, fundado por San Teotónio, mantivo unha estreita relación con Santiago de Compostela  por mediación do santo valenciano. 

Este albergue configúrase como unha estrutura vital de apoio ós peregrinos que fan este trazado secular e permite un adianto importante na potencialización do camiño portugués.





Fonte: www.viasatlanticas.depo.es / Imaxe: www.gronze.com

viernes, 21 de febrero de 2014

A ponte romana de Lugo


Galicia é unha terra rica en pontes romanas, sobre todo na provincia de Ourense. Non é frecuente encontrar restos romanos nas pontes, aínda que moitos se chamen así porque se sabe que nese lugar houbo unha construción romana. No caso da ponte romana de Lugo vemos técnicas de uso corrente no Imperio. 

Esta ponte, constriuda polos romanos a comezos do século I, marcaba a saída da vía XIX que ía de Lucus Augusti a Bracara Augusta, as dúas capitais romanas da Hispania noroccidental. Esta ponte tiña un ancho maior ó actual e alcanzaba os sete metros. Por ela accedíase á cidade de Lucus Augusti, atravesando unha calzada que en zig-zag alcanzaba a Porta Miñá da muralla.

A ponte, destruida parcialmente coas invasións bárbaras, foi obxecto de varias reconstruccións nos séculos XII, XIV y XVII. Durante a Idade Moderna tivéronse que realizar varias reparacións e, finalmente, en 1893 o seu aspecto foi bastante modificado, ó suprimírselle varios elementos. Por iso, os fundamentos da ponte actual (chamada vella ou romana) son, en boa parte, os orixinais.

A Ponte continuou desempeñando ó longo do tempo a súa función, servindo de paso sobre o río Miño a peóns e ó tráfico rodado. Peonil dende hai uns meses loce, a día de hoxe, unha estampa nocturna digna dunha cidade que pretende converter o seu pasado romano en atractivo turístico.





Fonte: www.lugoaccesible.net; elprogreso.galiciae.com; rincones-del-mundo.stabri.com/ Imaxe: Óscar Cela.




martes, 4 de febrero de 2014

A lenda de São Teotónio, o primeiro santo portugués



Un día de festexos na cidade de Tui os pais de San Teotónio foron a unha romaría en Galicia. Segundo a crenza popular, Teotónio ficou en Ganfei a tomar conta dos campos de centeo para non deixar ós paxaros pousarse no cereal. 

O desexo por ir tamén ata a romaría, levou Teotónio a meter os paxaros todos nun cesto. Cun simple asubío atraeu os paxaros ata o cesto, onde ficaron pechados para así quedar liberado da súa tarefa. Chegado ás marxes do río Miño, non esperou pola barca de paso e colocou a chaqueta nas augas do río para poder atravesar ata a outra marxe.

Os pais cando o encontraron en Tui dixéronlle: -Teotónio a estas horas xa os paxaros comerían todo o cereal- ó que Teotónio respondeu: -Os paxaros están todos nun cesto, estade tranquilos. Preocupados os pais preguntáronlle: - Como atravesaches o río? e Teotónio respondeu: -Encima da miña chaqueta-. Os pais ficaron incrédulos, pero no regreso confirmaron o don divino de Teotónio ó atravesar o río Miño de regreso a Ganfei.

É venerado como santo por diversas confesións cristiás. En Valença do Minho podemos atopar unha escultura na súa honra.



                                                                                   Escultura de São Teotónio en Valença 


Fonte: www.nortept.com / Imaxe: es.wikipedia.org

miércoles, 22 de enero de 2014

A fotogrametría dixital aplicada ó patrimonio


O ser humano sempre intentou capturar o que o rodea. A necesidade de representar ruínas e monumentos estendeuse como unha praga a partires do século XVIII e todavía hoxe non parou pero, que dirían os viaxeiros do Grand Tour se soubesen que hoxe podemos capturar en minutos as tres dimensións dun obxecto?

Cada día preséntanse novos achados que ata agora só cabían en lendas de ciencia ficción e centos de expertos arqueólogos, historiadores da arte, restauradores...comezan a pensar como aproveitar estas ferramentas no estudo do patrimonio. Unha delas é a fotogrametría dixital. Esta configúrase coma un método para captar documentación no patrimonio cultural. A mellora e impulso que viviu este método nos últimos anos situárona como unha alternativa de garantías respecto ó outro método de documentación e obtención masiva de datos: o Escáner 3D. Coa fotogrametría dixital podemos construír un modelo 3D a partir dun grupo de fotografías dun obxecto ou edificio, obtendo en poucas horas a representación tridimensional precisa daquilo que fotografásemos.



As vantaxas que dita técnica ofrece coa súa aplicación ó patrimonio son innumerables. En primeiro lugar, é completamente gratuíta ou, en todo caso, alcanzable. Por outro lado, permite que calquera estudoso da fotogrametría poida realizar os seus propios levantamentos tridimensionais cunha cámara dixital ou, mesmo, cun bo smartphone. Terceiro, achega unha cantidade de información superada en poucas ocasións pola que se consegue co escáner láser. E xa, para rematar, presenta unhas posibilidades didácticas e divulgativas extraordinarias, podendo ser unha boa porta para a difusión do noso patrimonio e a creación de coñecemento.

Non obstante, non todo van ser bondades. O uso da fotogrametría por xente non experta pode dar lugar a resultados de dubidosa calidade científica. Ademáis debemos considerar que para o correcto uso da técnica é necesaria unha alta iluminación difusa xa que levala a cabo en lugares escuros ou excesivamente iluminados pola luz do sol trae consigo molestos erros. E certo que vivimos unha das épocas máis fascinantes para o estudo do patrimonio e temos a inmensa sorte de toparnos con restos de pasados inesperados que podemos estudar con técnicas dun futuro ata agora imposible, pero o que deberemos ter sempre en conta é que a fotogrametría é unha ferramenta, non un fin.


Fontes: 
  • Aparicio Resco, Pablo. La fotogametría digital para la documentación 3D del patrimonio. Dispoñible na web: http://queaprendemoshoy.com
  • http://www.patrimoniovirtual.com
  • Imaxe: http://www.arquestil.com





viernes, 17 de enero de 2014

Paulo Fabio Máximo e a fundación de Lugo


Unha mañá calurosa de verán, Paulo Fabio Máximo subía o outeiro seguindo ó seu agrimensor. Ó chegar ó cume voltou a súa mirada ó camiño recorrido e o que viu encheulle de gozo, as vistas sobre o val do río eran espléndidas: divisábase en dirección oeste un vasto territorio de bosques de carballos con madeira suficiente para iniciar os primeiros traballos e, en dirección contraria, o terreo era máis pendente ata chegar ó val máis próximo polo que transcorrían varios regatos.

Antes de iniciar os traballos de reformulación, Paulo Fabio Máximo tivo que consultar os auspicios coa finalidade de asegurarse de que os deuses non se opoñían ó establecemento dunha cidade no lugar escollido. Os augures confirmáronlle os bos auspicios e, no mesmo momento en que un correo de Roma trouxo á expedición a noticia do nomeamento de Augusto como Pontífice Máximo da relixión no imperio, dúas aves rapaces sobrevoaban o bosque designado para fundar a nova cidade.

No transcurso da cerimonia o fundador procurou coidadosamente que toda a terra levantada pola reixa caese ó interior do recinto, e tras el os asistentes recolleron os terróns que ás veces saltaban fóra e volvíanos botar onde o rito establecía. O ritual de delimitación do territorio debería ser completado por outros dous, ámbalas dúas cerimonias de consagración.

Paulo Fabio Máximo, agradecido a César e satisfeito pola elección dun bosque tan belo para fundar a capital do convento, consagrouna baixo quen lle dera orde de fundala co nome de Bosque Sagrado de Augusto. Todo o que albergara os muros da cidade tamén sería consagrado a Augusto. Era o ano 12 a.C e así quedou escrito para os vindeiros séculos nos catro monolitos fundacionais da nova cidade.






Fonte: www.celtiberia.net; Les Villes Romaines (Pierre Grimal, Ed. Vergara, 1956)/ Fotografía: Adorian






miércoles, 8 de enero de 2014

O Templo de Mitra

Mitra é o nome que recibiu na antigüidade un Deus presente nas culturas india e persa e que tempo despois se sumaría ós grandes deuses que sostivo a cultura romana en tempos do imperio.

Aproximadamente no ano 62 a.C, os soldados romanos adoptarían este deus e caracterizaríano en función da súa cultura, crenzas e necesidades. Ademais a partir deste crearían unha relixión que se coñecería como Mitraísmo e que se diseminaría fabulosamente por todo o imperio, converténdose na gran rival do cristianismo.

As escavacións realizadas ó pe da Muralla, depararían importante sorpresas, xa que neste se encontraría unha importante Domus Alto Imperial, sobre a cal, e tras numerosas reformas, se construiría o templo ó deus Mitra, dentro do cal se encontrou un Ara dedicada a este deus por un Centurión da lexión VII Gémina que estaba ó cargo da oficina de recadación de impostos local.

Os restos do edificio no cal se encontraba esta Ara, levaron ós arqueólogos a identificar o mesmo como un Mitreo ou Templo a Mitra, debido á forma construtiva deste. Se ben non se encontraron restos de estatua ningunha, non resulta dificil supoñer a existencia dun mural coa representación do deus sacrificando o touro.

O Templo de Mitra é de comezos do século I, anterior polo tanto á muralla. Unha vez construida esta última expropiáronse os terreos do mitreo, o cal levou á súa decadencia. Con ela, a propiedade pasou a outras mans, o mitreo destruíuse e todo se transformou nunha ruina. Así chegou ata o día de hoxe.


                                           
“Al nunca-conquistado dios Mitra, G. Victorius Victorinus, centurión de la Legión VII Gémina Antoniana, Devoto y Leal, con mucho gusto, erigió esta ara en honor del puesto de control militar de Lucus (Augusti) y de sus dos libertos Victorius Secundus y Victorius Victor”

Fotografía: Sebas Senande (elprogreso.galiciae.com)




Fuente: lvcvsavgvsti.blogspot.com.es; www.quien.net

martes, 10 de diciembre de 2013

Xornada sobre a evolución e difusión do patrimonio a través dos contidos dixitais

O proxecto Muralla Digital creou unha rede de cidades amuralladas que apostan pola xestión conxunta para a valorización do patrimonio histórico e arqueolóxico transfronteirizo, a través do fomento e da promoción de novas aplicacións tecnolóxicas postas a disposición do visitante.

O martes 17 de decembro de 2013 ás 10 da mañá, terá lugar no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela, unha xornada sobre  a evolución e difusión do patrimonio a través dos contidos dixitais.

Os destinatarios son arqueólogos, expertos ou xestores de patrimonio, historiadores, conservadores de museos, grupos de investigación, sector turístico, empresas TIC,enxeñeiros... e toda persoa interesada.

Aquí vos deixamos o programa:


Jornada Evolución y difusión del patrimonio a través de los contenidos digitales

Martes 17 de diciembre de 2013
Santiago de Compostela. De 10.00 a 16.00 h
Hotel Puerta del Camino. C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n

09.45 h Inscripción

10:00 h Inauguración
• INEO
• Ayuntamiento de Lugo

Mesa 1: 10.15 h
El I+D tecnológico del patrimonio: Patrimonio inteligente e innovación digital
Modera: Universidad de A Coruña
• COGRADE. Gráfcos por Computador e Ingeniería de Datos. Universidad
de Santiago de Compostela
• Gradiant. Centro Tecnológico de Telecomunicaciones de Galicia
• Centro de Computação Gráfica
• Sociedad Española de Arqueología Virtual. Universidad de Sevilla

Mesa 2: 11.15 h
Visibilidad y difusión del patrimonio a través de las TIC
Modera: INEO. Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de la Información y la Comunicación
• Astrágalo Estudio
• Pexego Sistemas Informáticos
• Coremain
• Valora

12.15 - 12.30 h Pausa café

Mesa 3: 12.30 h
Mecanismos de promoción del patrimonio desde las instituciones
Modera: Ayuntamiento de Lugo

• Fundación Barrié
• Cámaras de Valença
• Cámaras de Melgaço
• Cámaras de Monção

Mesa 4: 13.30 h
Evolución de la difusión del patrimonio histórico y cultural de las ciudades a través de los contenidos digitales
Modera: Ayuntamiento de Santiago de Compostela

• Lugo 
• Guimarães

14.25 h Cierre  – vídeo viral del proyecto

14.30 - 16.00 h Comida networking

INSCRIPCIÓN (obligatoria):
Ata o 16 de decembro de 2013.
Plazas limitadas (por orden de inscripción)
Teléfono: 986 419 922 ext. 2006
ineo@ineo.org


Agardámosvos en Santiago!!!


miércoles, 4 de diciembre de 2013

Realidad aumentada para el patrimonio, museos y para el mercado del arte

La Realidad aumentada en cultura es una tecnología que apareció hace ya tiempo sobre todo asociada al patrimonio y a la reconstrucción de monumentos o yacimientos arqueológicos. Esta tecnología se muestra perfecta para este tipo de yacimientos arqueológicos, en los cuales muchas veces sólo queda visible la base de las construcciones y cuando están abiertos al público éstos pueden sentirse perdidos al intentar comprender cómo eran.
La realidad aumentada permite a los usuarios interactuar de forma sencilla y en tiempo real con capas de  información que pueden agregarse permitiendo ver al usuario el mundo real que hay a su alrededor y aumenta la visión que éste tiene de su entorno mediante la superposición o composición de los objetos virtuales tridimensionales (audio, vídeo, textos, imágenes...) y en general todo tipo de información multimedia.
También encontramos ejemplos de uso de tecnología dentro de los museos, usado en la mayoría de ocasiones desde un punto de vista educativo, para enriquecer la experiencia por ejemplo en una exposición, como  la iniciativa del museo de Mataró,  que integró un sistema de realidad aumentada con la muestra  "Mar de Fondo”, que buscaba ampliar la experiencia del público con las obras. Así a través de una tablet o un Smartphone el visitante solo tenía que apuntar sobre la obra, proporcionando la aplicación más información sobre la misma.
Con el auge  de los Smartphones y las tablets también hay numerosos ejemplos de aplicaciones móviles donde la experiencia puede realizarse fuera,  y dónde se busca enriquecer una historia o una experiencia, como el caso de Street Museum aplicación creada  en 2010 por el Museo de Londres, que permite a los usuarios contrastar fotografías de la antigua Londres, en los espacios donde se tomaron originariamente las imágenes. A través del gps, geolocaliza al usuario los  puntos de interés  y si orientas tu teléfono hacia éstos,  aparece la imagen antigua superpuesta al espacio real, así se puede contrastar y leer información sobre los sucesos o hechos históricos ocurridos en el lugar. 

Para el caso de las galerías  de arte esta tecnología es muy interesante porque, permite por ejemplo, enviar un catálogo donde se pueden ver las obras que van a formar parte de la exposición y pudiendo consultarse sin tener que asistir “in situ”a la misma. Además se puede visualizar de una forma mucho más atractiva las obras,  por ejemplo a través de una imagen o fotografía de las mismas, lo que es muy interesante para personas interesadas en el arte o posibles coleccionistas. 
Desde el punto de vista de visualizar la obra de arte de forma creativa, es muy interesante la aplicación de Realidad Aumentada ARART, desarrollada por artistas japoneses, que utilizando obras de arte muy conocidas como los Girasoles de Van Gogh o la Mona Lisa de Leonardo, crea animaciones virtuales en tiempo real a través de un modelo 3D y la realidad aumentada.
En resumen, la Realidad aumentada se perfila como una tecnología que puede revolucionar el arte y el patrimonio y tiene todavía muchas oportunidades por descubrir.
¿Vosotros que pensáis? ¿Veis útil esta tecnología para la cultura? ¿Habéis utilizado alguna vez alguna aplicación de Realidad Aumentada?

Fuente: musas20.com

miércoles, 13 de noviembre de 2013

Don Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal



O pequeno e tranquilo pobo de Melgaço medrou ó redor dunha fortaleza construída por orde de Don Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal (1139-1185).

Alfonso I de Portugal, mellor coñecido como Afonso Henriques,  foi o segundo conde e primeiro rei de Portugal. Grazas ás súas conquistas que, ó longo de corenta anos, superaron o dobre do territorio legado polo seu pai, foi coñecido como O Conquistador.
Alfonso era fillo de Enrique de Borgoña, o primeiro conde de Portugal, e da infanta Teresa de León, filla bastarda de Alfonso VI de León. Aínda que non se sabe con certeza onde naceu, a crenza popular faino orixinal de Guimarães, cidade onde con toda probabilidade fose criado e vivise ata 1128.

En 1112, con apenas tres anos de idade, Alfonso quedaba orfo de pai e herdaba o condado,mentras que a súa nai tomaba as rendas do goberno en minoría do seu fillo.
No 1120 Alfonso tomará unha posición política oposta á da súa nai, quen pola súa relación sentimental con Fernando Pérez de Traba, apoiaba ó partido dos Trabas, baixo a dirección do arcebispo de Braga. Cando este foi forzado a emigrar, levouse consigo o infante quen, en 1122, foi armado cabaleiro en Tui.

En 1139, tras unha gran vitoria na batalla de Ourique contra un potente continxente do Imperio Almorábide, Alfonso Henriques foi aclamado como rei de Portugal polas súas tropas. Segundo a tradición, a independencia foi confirmada máis tarde, nas cortes de Lamego, ó recibir do arcebispo de Braga a coroa de Portugal. 
O recoñecemento por parte do rei Alfonso VII chegou en 1143 polo tratado de Zamora.
Dende entón, Alfonso I procurou consolidar a independencia. Realizou importantes doazóns á igrexa e fundou diversos conventos. Intentou tamén conquistar terreo no sur, poboado entón por musulmáns, e conquistou Santarém e Lisboa en 1147.

En 1178, en vista dunha invasión de Fernando II, Alfonso I apoia a Alfonso VIII de Castela, enviando no seu auxilio un exército comandado polo seu herdeiro Sancho. A paz de 1180 entre Fernando II e Alfonso VIII evita unha nova guerra.
En 1179 o papa Alejandro III, a través da bula Manifestus Probatum, recoñeceu a Portugal como reino independente e como vasalo da Igrexa.






Fuente: es.wikipedia.org

lunes, 4 de noviembre de 2013

O Parque Nacional Peneda-Gerés


O Parque Nacional Peneda-Gerês, único parque nacional de Portugal, está situado no nordés de Minho e abrangue os distritos de Braga, Viana do Castelo e Vila Real nunha superficie total de preto de 70.290 hectáreas. É un dos maiores atractivos naturais de Portugal pola súa asombrosa beleza escénica e o seu elevado valor ecolóxico. Esténdese dende as montañas de Gerês a través das montañas de Peneda á fronteira española.

O Peneda-Gerês está considerado pola UNESCO como Reserva Mundial da Biosfera.

O pasado reflíctese nos castelos de Castro Laboreiro e Lindoso, monumentos megalíticos e testemuños da ocupación romana. O acre, o antigo camiño que levaba ós lexionarios do casco histórico de Braga a Astorga, sobrevive a un tramo da antiga estrada e curiosos fitos. Pobos pintorescos, a arquitectura das terrazas e a frescura dos prados de cal, animan unha imaxe na que a ruralidade está todavía presente.

Nel atopamos a ponte Mizarela que, segundo a lenda, foi construída polo demo. Esta antiga ponte romana está situado na parroquia de Ferral, no municipio de Montalegre. Nesta ponte librouse unha gran batalla contra as invasións francesas nas que o exército francés saíu derrotado.

No parque encóntranse dous importantes centros de peregrinación: o santuario da Nosa Señora da Peneda, réplica do santuario de Bom Jesus de Braga, e o de São Bento da Porta Aberta, un lugar de gran devoción popular.





Fonte: portugalminho.webnode.pt; pt.wikipedia.org; www.vakantie-visie.nl

miércoles, 23 de octubre de 2013

A Porta de San Pedro


Na época medieval era coñecida coma Porta Toletana ou Porta Toledana por estar situada ó final do camiño procedente de Castela. Tamén aparece nas fontes escritas como Sancti Petri. Hoxe en día aínda se ve un frontón triangular co escudo da cidade, rematado coa coroa real, flanqueado por dous leóns rampantes, e apoiado sobre un querubín e unha cartela oval coa inscrición do ano de reconstrución da porta, 1781. A súa función como porta de entrada fai que a decoración se encontre na parte exterior.


Mide 3,70 metros de ancho e 4,85 metros de altura ata a clave. A mediados do Século XIX, posuía un postigo de ferro polo que só podía entrar unha persoa e estaba defendida por un fortín. Crese que esta porta se pechaba máis tarde que o resto.


Esta porta foi e segue sendo a entrada á cidade para os milleiros de peregrinos que se desprazaban ata Compostela na Idade Media a través do Camiño Primitivo. Atravesando a porta, a primeira canella á dereita sitúanos na praza do Cantiño, onde atoparemos unhas escaleiras que nos permiten subir á Muralla.






Para ver máis fotos da Muralla de Lugo visitade o noso Flickr:



Fuente: www.turgalicia.es; www.agalicia.com; www.todocoleccion.net








miércoles, 16 de octubre de 2013

A lenda de Valença do Minho


Na terra de Valença, que noutrora tamén se chamou Contrasta, vivía unha princesa que por ser tan fermosa, valente e pura, herdou o nome desta esplendorosa terra. Contrasta era unha das dúas princesas fillas dun rei moi velliño que alí reinaba .

A beleza da princesa era exaltada pola paisaxe verdexante que a rodeaba. Parecía que a natureza se prolongaba no brillo que os raios de sol reflectían no ollar de Contrasta. Cada día que pasaba, a princesa era máis cobizada por todos os que coñecían o perfume da súa presenza.


Un día, un terrible príncipe Mouro que por alí pasaba, non puido resistir ós seus encantos. Xuntou un numeroso exército e atacou a paz dos que alí moraban. Tiveron lugar duras e difíciles batallas, foron días e días de sufrimento atroz, de loitas...O rei, canso pola vellez e triste por verse incapaz de soster o avance do Mouro, fuxiu avergoñado, refuxiándose nos frondosos xardíns que circundaban todo o palacio.

Escondido no medio das flores, o pai de Contrasta viu as flores a caer. E, ó caer, os pétalos transformábanse en pedras, que formaron grandes e nobres murallas que sepultaron o cadáver do nobre rei, transformando a súa sepultura nunha fortaleza dominante.


O príncipe Mouro quería atopar o vello rei para reclamar a gloria da vitoria, así como as riquezas do palacio e a man de Contrasta pero a pesar de percorrer no seu corcel toda a muralla que non obstante se formara, non atopa ningún indicio do rei nin das riquezas.

Levado pola ira e furioso, bate en retirada, destruíndo todo o que atopa polo camiño. Estaba saíndo da fortaleza cando atopa a princesa máis nova. Esta fícao cunha mirada sufrida, desamparada de toda forza, a pesar de soltárselle a tenrura que lle ía no máis íntimo da alma. O príncipe enfurecido, que apenas viu a moza, colleu a espada e traspasouna friamente, levando a princesa á morte. Foi de tal xeito cruel o xesto que a propia natureza sentiu aquel golpe covarde. Os paxaros voaron sobre o cadáver da princesa moribunda cantando e falando como nunca os homes escoitaran: "Ti fermosa, que tanto nos acariñaches ..., Ti serás a Raíña do Sol " Nese mesmo instante o día, antes tenebroso e frío, transformouse en intenso sol ardente, que a todo iluminou.


Cando a luz brillante foi perdendo forza, desaparecera o corpo da moza , agora transformado nun belo portal ó que despois chamaron "Portas do Sol".

Non obstante, a berros da irmá máis nova correu Contrasta , princesa herdeira do reino vencido. O Mouro ó ver chegar a súa antiga paixón non tivo coraxe para suplicar o perdón ou forzas para xustificar o seu xesto bárbaro. Perdido da razón e desexoso de dar fin a viaxe tan violenta, colleu aquela que vira desaparecer e levouna para xunto unha frondosa árbore. Alí acabou o que antes comezara: martirizou a Contrasta , deixándoa en lenta agonía debaixo da árbore que moitas veces lle servira de sombra repousante. Caíanlle as follas sobre o rostro desfalecido , segredándolle baixiño: "Serás coroada..., serás coroada , ti que fuches unha princesa valente!

E sobre as "Portas do Sol" baixo a coroa que recorda como a barbarie destruíu bondades e belezas tan prometedoras, aquelas que a natureza protexeu pola beleza e gracia. Todas as forzas uníronse para lanzar ó guerreiro Mouro no fin do do val, transformándoo en río. E aínda hoxe corre aquel a quen chaman Miño, vergado ós pés das princesas asasinadas.


Por veces procura acadar os muros da fortaleza , como suplicando perdón polos seus actos , pero alí volve ó seu leito, resignado polo poder e beleza das "Portas do Sol".


Fonte: CAMPELO, Álvaro Lendas do Vale do Minho Valença, Associação de Municípios do Vale do Minho, 2002 , p.161-163

jueves, 3 de octubre de 2013

A lenda do lagarto de Lamas de Mouro


Fai moitos anos, nas inmediacións da terra de Lamas de Mouro, existía un monstruoso lagarto que aflixía a toda a poboación. O enorme réptil aparecía no camiño que levaba ó Santuario da Señora da Peneda, e todos os que pasaban por alí eran engulidos polo seu apetito voraz. Todos os anos, algúns pastores, perdigueiros e romeiros que ían con destino ó Santuario da Señora da Peneda, eran vítimas do feroz lagarto.


Preto do lugar, no coto de meadinha, vivía unha muller que pasaba o tempo a fiar na roca, aproveitando o sol do lugar. Acontece que un día esta muller, en andanzas de devota, pasou por preto do lagarto. Ó ver que se achegaba, o terrible lagarto tentou devorala. Nun supremo esforzo a muller arrincou da cintura un arma de defensa, que non era outra cousa que a súa roca! Con extraordinaria habilidade feriu nun poderoso golpe ó ata entón invencible réptil, transformándoo en pedra!


Crese que a muller era Nosa Señora, e a proba do seu feito pódese ver no sitio dito de Portela do lagarto, nome que provén da forma rochosa de enrriba do penedo, xa que se asemella ó repugnante réptil.







Fuente: www.nortept.com

miércoles, 25 de septiembre de 2013

miércoles, 18 de septiembre de 2013

"A Domus Oceani"


O tres de Setembro do ano 1842 encontrouse un fragmento dun pavimento de mosaico, o cal chega ata os nosos días en forma de bosquexos e debuxos realizados no seu momento polos descubridores do achado e que mostraban a cabeza do Dios do Océano. O dono da edificación representou así a súa riqueza. Hoxe o mosaico dálles nome ás ruínas (finais do século III ou principios do IV d.C.) recuperadas nas escavacións dunha casa da rúa Dr. Castro de Lugo. 

As diferentes estancias que se encontran expostas na actualidade corresponderían coa última fase edificatoria entorno a finais do século III d.c. e principios do século IV d.c., podendo advertirse non obstante dúas fases edificatorias, unha de metade do século I d.c. e unha segunda que aproveita só parte das estruturas existentes e que se acometerá a finais do século I ou principios do II d.c.

A planta da vivenda organízase nun eixe disposto de leste a oeste destacando sobre todo a gran sala de recepción ó que segue un patio porticado. A edificación da casa veríase completada no século III d.c., coa inclusión dun Hipocaustum situado ó norte da sala porticada e dous corredores de comunicación da nova sala co oecus. 

Na actualidade, os vestixios foron musealizados in situ e son, canda a muralla, o atractivo turístico da cidade.





Fuente: lvcvsavgvsti.blogspot.com.es










lunes, 9 de septiembre de 2013

"A piscina romana da praza de Santa María"


Ademáis da muralla son numerosos os restos romanos que se conservan na cidade de Lugo: estelas funerarias, numerosas moedas, restos do caldarium, cerámica, a aguia dun estandarte de vexiliarius, lápidas con figura humana, ánforas...

A piscina da praza de Santa María descubriuse en 1960. Pola súa cronoloxía, temática e situación, diferentes autores considérana como un posible baptisterio paleocristián, aínda que parece máis probable que se trate dunha pequena piscina de auga fría, pertencente a un frigidarium dun complexo termal ou dun balneumdoméstico. Tamén se comprobou que a piscina non é unha estrutura illada, senón que formaría parte dun complexo arquitectónico maior.

O estado de conservación da piscina só o coñecemos a través das fotografías e debuxos de 1960. Naquel momento selouse cunha capa de area e trasladáronse ó Museo Provincial os fragmentos de mosaico desprendidos.

Na actualidade exponse a través dun vidro transparente a nivel de rasante. O obxectivo fundamental de expoñela "in situ" é garantir a conservación dos restos arqueolóxicos nas mellores condicións posibles. 




Fuente: www.lugo.es/urban

viernes, 23 de agosto de 2013

"A praza de Campo Castelo ou antiga praza do Bispo Izquierdo"


Dous conceptos únense para dar persoalidade á cidade de Lugo: Lugo antigo e Lugo moderno, mediante os cales se pode comprender na súa integridade o conxunto urbano. Comezamos a describir a cidade pola zona que os romanos acotaron coa muralla, iniciando a descripción polos centros rectores da mesma, é decir, polas súas prazas.

Este nome da popularmente coñecida como praza de Campo Castelo pode que non lles soe a moitos. O mesmo que se di da praza pode aplicarse á inmediata porta da Muralla, chamada do cárcere, do bispo Izquierdo ou tamén de Campo Castelo. O nome foille posto en honor do bispo Izquierdo, considerado como un dos grandes benfeitores da cidade lucense.

Entrando pola porta do chamado Campo Castelo chégase á antiga praza do Bispo Izquierdo, na que existiu un castelo que foi demolido. Como recordo deste, sobre o edificio da vella cárcel podemos ver unha reproducción da antiga fortaleza. A carón deste edificio atopamos a casa que o bispo Izquierdo ordenou erguer, da que se conservan portadas con molduras e un gran escudo.

A praza, modificada polas modernas construccións, conta nun dos seus extremos coa escaleira de acceso á muralla. Dita praza comunícase directamente coa praza de Ánxo Fernández Gómez á parte posterior da Casa Consistorial. En frente atopamos a fachada lateral da Igrexia de Santiago "A Nova".





Fuente: Lugo y su muralla (J. Trapero Pardo); www.lavozdegalicia.es

lunes, 5 de agosto de 2013

ValenÇa do Minho na historia


Valença ten orixes moi remotas. A súa ocupación remonta a épocas prehistóricas: os gravados rupestres que se poden observar en determinados lugares de certas parroquias son proba irrefutable dunha ocupación afastada no tempo. As Inquirições de D. Afonso III tamén fan alusión a edificacións do tipo dolménico no Concello de Valença.

Varios pobos atraídos pola abundancia da caza e da pesca, pola fertilidade do solo foron acudindo a esta rexión. Podemos citar , entre outros, os lígures, os grovios, os celtas...Sobre os Celtas, sabemos que chegaron á parte occidental da Ibérica ao redor do s.VI a.C.  Algúns destes pobos permaneceron illados na meseta ou na Serra da estrela. A organización social destas comunidades asentaba basicamente no núcleo familiar amplo, incluíndo descendentes, a súa prole, constituíndo unidades familiares moi amplas.

Un marco moi importante na historia de Valença foi, sen dúbida, o paso do Cónsul romano Décimo Xuño Bruto, en 137 a.C. que, tras cruzar o Río Lima ou Río do Esquecemento conduciu as súas tropas ata o Río Miño , tendo acampado, ao que se di, na freguesía de Gandra. Ó tempo do emperador Augusto comezaron a definirse pequenas fortalezas: os Castelli, de localización estratéxica sobre as vías de comunicación. Era este o caso do castelo de Valença, situado en lugar predominante, non só sobre o Río Miño, pero tamén sobranceiro ás dúas vías romanas que alí viñan facer a travesía.

Ós romanos sucedéronos os Suevos que penetraron en Galicia pola conca do Douro, a mediados do s. V de nosa era. O mesmo aconteceu cos Godos: o famoso Witiza estableceu a súa residencia real na cidade de Tui, tendo as ruínas dese palacio perdurado ata o séc. XVIII. Na rexión valenciana son moi frecuentes os topónimos de orixe xermánica, que derivan desa altura.

A primeira invasión Árabe data do ano 716. Con todo a que trouxo peores consecuencias para toda a rexión do Miño e de Galicia fora perpetrada polo terrible Almansor - Al Allah - nome de guerra do Emir Ben Abi Amir - que no ano 997, no seu camiño cara a Santiago de Compostela, destruíu todo á seu paso, incluíndo o Mosteiro de Ganfei, máis non restando do que "a memoria da súa fundación".

En 1186, D. Sancho I toma a cidade de Tui, restablecendo a paz entre Castela e Portugal. Con todo, dez anos máis tarde irrompen as hostilidades entre D. Sancho e Afonso IX. Así se xustifica que, no ano 1200 o rei D. Sancho I mandase construír os primeiros muros en Valença. En 1217, tras ser arrasada polos Leoneses, D. Afonso II mandou repovoá-la, reconstruíndo-lle os muros e outorgándolle foral. Ó abordar este asunto, Herculano refire que "a restauración de Contrasta por Afonso II, afirma El-Rei que o seu pai xa dera un foral aquel lugar o cal, polo tanto, remota á época de D. Sancho e quizais á de D. Afonso I por que non sempre a carta municipal coincide coa orixe das poboacións, podendo elas existir anteriormente ... "

O seu período máis áureo foi, quizais, o séc. XIV, ao tempo de d. Dinis, segundo testemuñan os debuxos á pena de Duarte D'Armas, escudeiro de D. Manuel e onde se poden albiscar as torres altaneiras con balcóns e portas.

O séc. XVII foi decisivo: o seu terceiro cuartel marca o inicio da construción da Obra Coroa (actualmente a Coroada), a cargo de D. Rodrigues de Vasconcelos, 1 º Conde de Castelo Mellor, segundo deseño de Michele de Lescole, estando concluída a mediados do século seguinte, momento no que se afeiçoa o Recinto Magistral, segundo o sistema do Mariscal Vauban.

Sendo unha das principais Prazas - Fortes do País, tivo honras de Garda de Regimento e o seu Gobernador a patente de Brigadeiro. Escenario de importantes batallas trabadas polo restablecemento da independencia, entre os anos de 1657 e 1668, capitulou só ante as tropas do Xeneral Soult en 1809. Xa no transcorrer deste século, en 1912 repeliu as tropas do 1º Tenente de Armado Victor de Sepúlveda, aquando da 2ª incursión monárquica no norte do país.







Fuente: www.cm-valenca.pt