lunes, 13 de mayo de 2013

"As similitudes entre a Muralla de Lugo e as murallas veciñas"


As murallas son a materialización dunha liña máxica que separaban a urbs (núcleo urbano) do agger (territorio). Dentro, dábanse as actividades políticas, administrativas, xudiciais e comerciais.

A defensa das cidades foi un dos principais asuntos con que as distintas culturas se enfrontaban para asegurar o seu porvir. Os romanos perfeccionaron distintos métodos de defensa mediante murallas.

En España temos múltiples exemplos de cidades amuralladas, entre elas, existen concretamente tres que presentan elementos moi similares ós da Muralla de Lugo: a Muralla de León, a de Zaragoza e a de Tarragona.


A Muralla de Zaragoza foi construída entre o século I e o século III, baixo o mandato de Tiberio e chegou a ter unha lonxitude similar á da Muralla de Lugo, estando preto dos 3.000 metros. Pola contra, o número de torres defensivas foi moi superior, xa que tivo unhas 120 torres. Estas últimas son ultrasemicirculares e teñen un diámetro en torno ós 8 metros, alcanzando os 13 metros, característica que comparte co caso lucense.
Conserváronse dous tramos: o máis longo, duns 80 metros de lonxitude, no extremo noroeste e o outro no lado nordeste, que actualmente forma parte do Convento do Santo Sepulcro.
A partir do século XV comezou a súa desaparición ó ser usada como canteira debido ó gran crecemento da cidade.


A Muralla de Tarragona é unha cerca militar de orixe romana que rodea a zona antiga da cidade de Tarragona. Os muros presentan unha altura similar ós da Muralla de Lugo, uns doce metros. Outro aspecto en común co caso lucense é que se trata dun dos lugares Patrimonio da Humanidade.


A Muralla de León foi construída entre os séculos I e IV. Trátase dunha muralla que encerraba o recinto da cidade nun cuadrilátero que foi rodeado de construcións e máis tarde deformado nas restauracións de Alfonso V e Alfonso IX. Presentaba un formato básico: dous muros paralelos construídos en madeira unidos por unha tarima sobre a cal os lexionarios realizaban a súa vixilancia. Comparte, igual que no caso anterior, a característica de que as súas torres defensivas tiñan planta semicircular como a Muralla de Lugo. A súa finalidade era defender o campamento da Legio VII. 
A construcción da nova muralla coincide coa da Muralla de Lugo, entre finais do século III e comezos do século IV, dando lugar á muralla que os visitantes e cidadáns percorren actualmente.



Fuente: es.wikipedia.org; www.leon-virtual.es; www.lugoturismo.com

miércoles, 8 de mayo de 2013

"A evolución da cidade amurallada de ValenÇa"


Valença do Miño é a fortaleza máis importante do Alto Miño. No contexto das Guerras da Restauración da Independencia Portuguesa, construiuse unha impresionante fortificación abaluartada, de mesetas superpostas para aproveitar as condicións topográficas do lugar que se asumiu como obra de propaganda e de ameaza cara o país veciño,  España .


As orixes da cidade remóntanse ó século XIII e ao reinado de D. Sancho. Constrúese un primitivo bastión defensivo, que foi continuamente reformado ó longo dos séculos. Dende  1217, Valença foi asumindo unha importancia estratéxica no contexto das relacións do Miño con Galicia.
 
 
O que queda da fortaleza medieval data do reinado de D. Afonso III. No ano 1262, o rei ordenou unha gran reforma do sistema militar da vila, cuxas murallas pasaron a abarcar toda a poboación. Descoñecemos, en gran parte, a súa configuración, polas múltiples transformacións posteriores, pero quedan aínda algúns vestixios que podemos atribuír a esa época.





Na Porta do Açougue, todavía se pode verificar a existencia dun escudo medieval na pedra de peche. A porta da Gabiarra era a principal entrada na fortaleza, dando á zona alpina e á barca que facía a travesía do Miño. Constituía unha entrada de gran impacto cenográfico e onde se concentraban os elementos identificativos do patrocinio Régio.
Ó final da Idade Media, como deseñou Duarte d'Armas, a fortaleza alfonsina foi complementada por unha coiraza.

 
Xa no século XVII, Valença era unha das localidades máis expostas ós ataques españois, cuxas tropas a intentaron tomar en 1643 e 1657. A situación privilexiada no curso do Miño e as condicións do terreo posibilitaron a construción dunha das máis significativas realizacións militares da Historia de Portugal. O proxecto ficou a deberse a Miguel de l'Escole, enxeñeiro militar con outros traballos documentados en fortalezas do Alto Miño, arrancando as obras en 1661. Estas, só quedaron formalmente concluídas en 1713, ano en que unha planta da súa última arquitecto, Manuel Pito de Vilalobos, a dá como rematada, aínda que hai referencias á construción de baluartes nos anos seguintes.
 

Medio século de traballos alteraron radicalmente a fisonomía de Valença e a relación da localidade co río, separados por unha xigantesca malla de baluartes e de mesetas comunicantes entre si mediante fosos e de pasaxes superiores. A nova fortaleza dividíase en dúas áreas, interligadas pola Porta do Medio: a norte, abarcando o vello núcleo medieval, a "Vila", onde se concentraba o groso da poboación e os principais equipos sociais; a Sur, correspondendo a unha área máis pequena, pero practicamente desimpedida de construcións, a "Coroada".

 

ValenÇa foi restaurada ó longo do século XX e prepárase para ser candidata a Patrimonio da Humanidade.



Fuente: www.igespar.pt






martes, 30 de abril de 2013

"O Códice Calixtino e a liña defensiva da muralla"


No capítulo IX do libro V do Códice Calixtino, e a pesar de que non quedan prácticamente vestixios, defínese o contorno do actual casco histórico de Santiago.

Baixo o título "Características da cidade e da basílica de Santiago Apóstolo en Galicia", sitúa xeograficamente a cidade e describe as súas 10 igrexas entre as que se encontra a catedral, aínda en construción. Sobre o templo catedralicio dá toda tipo de detalles: dimensións, ventás, pórticos, portas coa súa decoración, torres e altares.



A Catedral desa época era románica e Santiago era unha cidade rodeada dunha gran muralla de dous kilómetros de perímetro que lles servía para protexerse dos invasores.

A muralla tiña forma arriñonada, con eixe longo orientado N-S. Comezando no extremo Nordés, a Porta do Camiño, a muralla seguía dirección Sur-Sueste polas rúas Virgen da Cerca, Fonte de San Antonio e Senra, ata chegar á Porta Faxeira no extremo Sur. Dende aquí xiraba cara o Noroeste pola Avenida Figueroa, Rodrigo de Padrón, Trindade e Carretas, para pechar cara o Leste, na zona máis elevada: Costa de San Francisco, Costa Nova, Hospitalillo e Rodas.

Do mismo modo, o Códice Calixtino nomea as 7 portas que daban acceso á Compostela do século XII, dende os diversos camiños da rexión. Por estas sete portas de entrada chegaban as mercadorías "dende os diversos camiños da rexión".

A Porta do Camiño, Porta de Mazarelos, Porta da Mámoa, Porta Faxeira, Porta da Trinidade, Porta de San Francisco e Porta da Pena. Ó longo dos séculos XIV e XV abríranse outras tres portas menores ou postigos: Porta dás Algalias, Porta de San Fiz e Porta do Souto.
 




Fuente: Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (Ermelindo Portela Silva, 2003); www.revistamongolia.com; agoraben.blogspot.com.es

viernes, 26 de abril de 2013

"Os fielatos da Muralla de Lugo"


Fielato era o nome popular que recibían as casetas de cobramento dos arbitrios e taxas municipais sobre o tráfico de mercadorías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que ademáis da súa función recadatoria servían para exercer certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades.

En España os arbitrios municipais, tiveron a súa orixe nas antigas alcabalas árabes, e que os fielatos, consumos ou casetas de arbitrios, que existían, nas estradas, á entrada dos pobos e cidades, substituíron, en certo modo, aqueles postos de policía situados anteriormente nos mesmos lugares, onde se cobraban ós forasteiros unhas determinadas taxas polos xéneros que transportaban.

Os artigos, sometidos ó pagamento de arbitrios municipais eran polo xeral leite, carnes, peixes, viños, aceite e xabón, trigo, panos, carbón, froitas e gando bovino, lanar e cabrún.
Coa chegada da desamortización crearíase un estado insostible e polo tanto os arbitrios alcanzarían unha maior importancia para enriquecer as arcas das facendas locais.

Estaban exentos do pagamento destes arbitrios de consumo, o carbón vexetal, o cok e a leña con destino á industria; os cereais, grans e legumes secos, destinados á sementeira; os aceites medicinais e os olorosos obxectos do comercio de perfumaría. Tamén os alcoholes e augardentes destinadas ó encabezamento dos viños e á fabricación de licores e bebidas espirituosas.

Pois ben, a Muralla de Lugo conta cunha serie de habitáculos de diferentes tamaños que no seu momento foron utilizados como fielatos en diversas portas de acceso (Campo Castelo, Aguirre, Estación, San Fernando e Montevideo).

Durante anos estes espazos foron acondicionados e utilizáronse para atención de visitantes da Muralla e como puntos de distribución de información de asociacións privadas.





 

fuente: www.deronda.es; www.lavozdegalicia.es; www.galiciadigital.com

martes, 23 de abril de 2013

"A orixe da muralla de Santiago de Compostela"


Santiago de Compostela é unha cidade medieval fundada en torno a súa catedral. O que moitas persoas non saben sequera é que o seu propio pobo foi durante moitos séculos unha cidade amurallada.
 
Tras a morte do califa andalusí Al-Hakam II, sucedeuno o seu fillo, Hisham II, de tan só 11 anos. Coa axuda da súa nai, Muhammad Ibn Abi Amir logra o dominio absoluto do Califato de Córdoba e despois rompe a paz cos reinos cristiáns. Este califa alcanza numerosas  vitorias e por iso se coñece co alcume de Almanzor.
 
No ano 997, Almanzor compromete un dos seus máis recentes proxectos. Sabendo da importancia que está collendo a cidade de Santiago, decidiu dar un efecto dramático contra a cidade que foi o centro relixioso de España cristiá. No mes de agosto chega a Santiago de Compostela e arrasa a cidade.
 
Entre os anos de 1000-1300 permitiu o desenvolvemento do urbanismo medieval  de Compostela. Constrúese na cidade un segundo recinto amurallado, o primeiro fora destruído polo propio Almanzor.
A primeira muralla foi deseñada polo bispo Sisnando II.
A mediados do século XI, o seu sucesor, o bispo Cresconio (1037-1068) protexe a cidade coa segunda, e última. Esta muralla tiña preto de 2 quilómetros de extensión. Ademáis do seu papel defensivo, tamén tamén era un instrumento de control fiscal.
 

 
 
A muralla foi preservada ata a invasión francesa do século XIX, cando debido ó crecemento da cidade foi destruída, pero os nomes dos lugares e as portas mantéñense ata hoxe.
A Porta de Mazarelos é a única que se conserva na actualidade.
 
Xa ó final da Idade Media a obra perdera gran parte do seu protagonismo e dimensión. Hoxe en día atópase prácticamente desaparecida.


fuente: abelgalois.blogspot.com.es; cityoos.com.



jueves, 18 de abril de 2013

"Poesía na honra da muralla de Lugo"


Romance de la Muralla 

¡Ilustres piedras romanas,
torreones del silencio,
que en mudas hostilidades
ganáis batalla al tiempo!
Perpetuamente resuenan
con vano brío en tu cerco
negra Jericó de piedra,
trompetas de lluvia y viento.
Estupenda vanidad
de los hombres que te hicieron.
Babilónica demencia
rematada con acierto,
ya que al cerrar la ciudad
puertas al campo pusieron...

Da la una...Ya ha salido
de su "furaca" el mochuelo.
Con su grito de diamante
traza rápido y certero,
sobre el vidrio de la noche,
trayectorias al misterio.
Por tejados y bufardas
la lujuria arma trebejos,
arma escándalos felinos,
zapatiestas y retruécanos.
Luna blanca, blanca luna,
luna de níquel...Los perros,
con sombras, frío y ladridos,
fabrican distancia y miedo.
En tan soledosa hora,
en una estampa de hielo,
aquella truncada almena
es un enigma estupendo...
¿Pesadilla de un neurópata?
¿Descoyuntado esperpento?
¿Ardua torre de azabache?
¿O grito de sombra yerto?
¿La fabula de la noche
concita "trasnos" y muertos?
¿Acaso el mago Pipín
manda un mensaje al infierno?
Como mana agua a la fuente,
las piedras manan silencio.


Ánxel Fole




















martes, 16 de abril de 2013

"A lenda da princesa Contrasta e a orixe de ValenÇa do Minho"


Conta unha fermosa lenda que en terras de Valença, outrora chamada de Contrasta, vivía unha princesa que por posuír gran beleza recibiu o nome desta terra. Contrasta era unha das fillas dun rei velliño e que por ser tan fermosa tiña moitos pretendentes. Entre eles atopábase un príncipe Mouro, que se namorou dela cando pasaba por estas terras, decidindo por iso atacar o reino.


Tras días de grandes batallas pai de Contrasta, xa canso, escondeuse no seu xardín, onde morreu de pena e vergoña. A natureza, compartindo da súa dor, fixo as flores caeren e estas convertéronse nas pedras que formaron as grandiosas murallas e que foron a sepultura do Rei.


O Mouro quixo reclamar a súa vitoria e tras buscar o Rei, por toda a fortaleza, quedou tan furioso por non atopar que decidiu retirarse, destruíndo todo ao seu paso. Foi esta furia que o fixo, ao atopar a princesa máis nova á saída da fortaleza, matala sen piedade. A princesa Contrasta, ao escoitar os berros da irmá, foi ata ela eo Mouro deparando-se co seu amor non conseguindo encara-la, de tanta vergoña polo que fixo, levouna a xunto dunha árbore e deu fin á vida dela . A natureza máis unha vez mostrou a súa compaixón ea princesa máis nova, por vontade dos paxaros, foi transformada na Porta do Sol e Contrasta, futura raíña, foi transformada nunha coroa sobre a porta.




O Príncipe Mouro, pola súa parte, foi castigado e lanzado outeiro abaixo transformándose no río Miño. E aínda hoxe corre aquel a quen chaman de Miño, vergado aos pés das princesas asasinadas. Por veces procura alcanzar os muros da fortaleza, como suplicando perdón polos seus actos, pero alí volve ao seu leito, resignado polo poder e beleza das «portas do sol».


vía: www.nortept.com; www.cm-valenca.pt; www.lendarium.org; www.virtualtourist.com